Arroz Caldoso con Bogavante
Ingredientes
- 1 Bogavante de 750 gr.
- 1 cola de Rape de 300 gr.
- restos de peixe (para facer caldo).
- espiña de Rape.
- Mollo Arrocero (trituramos allo perexil Albariño auga) pomos en botella de cristal.
- Aceite de Oliva.
- Sal.
- Colorante.
- Azafrán en hebra.
- Arroz boa calidade (redondo normal).
Preparación
- 1º Caldo de Peixe, poremos a ferver unha pota con auga,unha cebola en anacos zanahoria anacos,peregil,loureiro,chorro de viño branco e espiña rape e restos pescado,deixar cocerse hasta conseguir un caldo rico,espumar e coar.
- 2º Cortaremos rape en anacos grandecitos xa que ao cociñarse encollen, o bogavante cortarémolo tombado co bandullo arriba pola metade e esas dúas metades nuns 6 ou 8 anacos segundo a peza de bogavante,as pinzas ,brazos separados e morteados para poder comelo mellor(como cando machucamos patas de marisco).
- 3ª Nunha pota de Barro ou Metal Forxado botamos aceite xenerosamente sen pasarnos, cando este quente saltearemos o bogavante por carne primeiro e cuncha despues,cando estean ben salteados e vermellos quitaremos a un prato.Na pota con mollo bogavante quentaremos e engadiremos arroz, saltearemos engadiremos colorante ,azafrán e chorro de mollo incorporaremos bogavante salteado e tacos de rape e para finalizar caldo rico de peixe ( proporcións como sempre de caldo para arroz, un mais de caldo para que quede caldosito) uns 10 minutos de cocción mais ou menos. Probar de sal, e listo para comer. Que non se pase o arroz.
- Comentario persoal: O rape pódese substituír por langostinos, vieiras ou zamburiñas. Os restos de peixes dánnolos gratis en pescadería. A espiña rape fai un caldo moi rico. Non pasarse á hora de pór caldo,termínase o arroz en lume só,nada de forno.
Enviado por: Antón m Lado Riveiro (O Pindo).
Últimas recetas publicadas
- Ensalada templada de Bogavante
Enviada por Elisa González desde Santiago el día 30/06/2009 - Lumbrigante de verán
Enviada por Isabel Sanjorge desde Santiago el día 30/06/2009 - Erizos de Mar rellenos
Enviada por Martha Cebas Ezcay desde Vigo el día 30/06/2009
Concurso de recetas
Participa y gana un lote de productos de nuestra lonja

