Xa temos gañadora do concurso de receitas

Puntos de Venda

Na Confraría de Lira temos como obxectivo mellorar a trazabilidade dos nosos productos, garantindo ao consumidor a súa procedencia. Ofrecemos aquí unha listaxe de establecementos que traballan connosco.

 

Inicio / Os nosos produtos

Lumbrigante

Este animal de porte guerreiro é o marisco máis popular na alta cociña clásica. Pode que isto sexa debido á cantidade de carne que posúe, o que faino moi axeitado para servir nas grandes mesas, de coitelo e garfo, xunto co delicado do seu sabor. No mercado existen varias especies de lumbrigantes, sendo a nosa de excelente calidade. O noso é de cor negra azulada, a diferenza do americano que é de tons marróns ou avermellados. A talla mínima permitida é de 25cm desde a punta da cabeza até a cola.

O lumbrigante debe mercarse sempre vivo e con todas as patas e pinzas, especialmente importante este aspecto se vai ir cocido. Polo xeral a femia é mais grande que o macho, pero este adoita ter un sabor máis fino. Se atamos ben o lumbrigante no momento da súa cocción a carne resultará máis untuosa, ainda que xa adiantamos que atalo non é unha tarefa sinxela.

O lumbrigante é un dos mariscos máis versatiles e admite numerosas preparacións: cocido e á prancha son as preparacións clásicas, pero recomendamos investigar e probalo ao forno, napado con coral de seu, en souflé ou con algunha preparación con laranxa, que lle cae moi ben.

Ver as receitas con lumbrigante

Lumbrigante

Lumbrigante

Veda

Outubro
Novembro
Decembro
Xaneiro
Febreiro
Marzo
Abril
Maio
Xuño

Mellor época para o consumo

Xullo
Agosto
Setembro

Últimas receitas publicadas

Enviar unha receita

Concurso de receitas

Participa e gaña un lote de produtos da nosa lonxa