Percebe
Os percebes son teimudos como os galegos: viven aferrados ao seu anaco de rocha, xuntos pero non revoltos. Nesta relación tan sinceira que ten o noso pobo coa comida, decidimos que este agasallo do Atlántico tamén tiña que ser degustado cocido levemente, sen moito adubo.
Outros países atlánticos creron durante moito tempo que os gansos nacían dos percebes. Séculos máis tarde aínda non abriron os ollos para se decatar de que o que nace dos percebes é un profundo pracer, ao comelos forte como as ondas que os baten.
Como cocer os percebes
Como sempre, en abundante agua, con 4 culleradas de sal por litro de auga utilizada. Cando o auga ferva con forza engadimos os percebes, deixamos que ferva de novo durante medio minuto e retiramos. Como con todos os mariscos, é importante cocer en abundante auga.
Percebe
Veda
O produto non ten vedas
Mellor época para o consumo
Xaneiro
Febreiro
Marzo
Abril
Maio
Xuño
Xullo
Agosto
Setembro
Outubro
Novembro
Decembro

