Polbo
O polbo servido en prato de madeira, con grans crocante de sal gordo, ben pementado, un bo pan para mollar no aceite e uns grolos de viño tinto mesto sírvennos aos galegos para írmonos de feira.
A devoción polo polbo é unha cousa rara no mundo; os nosos gobernantes deberían buscar un irmanamento cos xaponeses, quenes compiten con nós nesta asociación case relixiosa con este misterioso e intelixente animal.
Pero como o ser humano comeu e cociñou de todo, as cociñas tradicionais doutros pobos poden aportar variedade e un pouco de fantasia viaxeira á nosa cociña.
Como cocer un polbo
Poñemos bastante auga a ferver, sen sal. Cando ferva a cachón, metemos e sacamos o polbo da auga tres veces e volvemos meter durante 50 minutos, para un polbo de 1 kg.
Polbo
Veda
O produto non ten vedas
Mellor época para o consumo
Decembro
Xaneiro
Febreiro
Marzo
Abril
Últimas receitas publicadas
- Polbo a Arousana
Enviada por Marcos Baña desde Camelle o 24/06/2009 - Hummus con carpaccio de polbo
Enviada por Montse desde Oleiros o 23/06/2009 - Piperrada con pulpo y aceite de pimentón
Enviada por Víctor desde Oleiros o 18/06/2009
Concurso de receitas
Participa e gaña un lote de produtos da nosa lonxa

