Xa temos gañadora do concurso de receitas

Puntos de Venda

Na Confraría de Lira temos como obxectivo mellorar a trazabilidade dos nosos productos, garantindo ao consumidor a súa procedencia. Ofrecemos aquí unha listaxe de establecementos que traballan connosco.

 

Arroz Caldoso con Bogavante

Ingredientes

  • 1 Bogavante de 750 gr.
  • 1 cola de Rape de 300 gr.
  • restos de peixe (para facer caldo).
  • espiña de Rape.
  • Mollo Arrocero (trituramos allo perexil Albariño auga) pomos en botella de cristal.
  • Aceite de Oliva.
  • Sal.
  • Colorante.
  • Azafrán en hebra.
  • Arroz boa calidade (redondo normal).

Preparación

  • 1º Caldo de Peixe, poremos a ferver unha pota con auga,unha cebola en anacos zanahoria anacos,peregil,loureiro,chorro de viño branco e espiña rape e restos pescado,deixar cocerse hasta conseguir un caldo rico,espumar e coar.
  • 2º Cortaremos rape en anacos grandecitos xa que ao cociñarse encollen, o bogavante cortarémolo tombado co bandullo arriba pola metade e esas dúas metades nuns 6 ou 8 anacos segundo a peza de bogavante,as pinzas ,brazos separados e morteados para poder comelo mellor(como cando machucamos patas de marisco).
  • 3ª Nunha pota de Barro ou Metal Forxado botamos aceite xenerosamente sen pasarnos, cando este quente saltearemos o bogavante por carne primeiro e cuncha despues,cando estean ben salteados e vermellos quitaremos a un prato.Na pota con mollo bogavante quentaremos e engadiremos arroz, saltearemos engadiremos colorante ,azafrán e chorro de mollo incorporaremos bogavante salteado e tacos de rape e para finalizar caldo rico de peixe ( proporcións como sempre de caldo para arroz, un mais de caldo para que quede caldosito) uns 10 minutos de cocción mais ou menos. Probar de sal, e listo para comer. Que non se pase o arroz.
  • Comentario persoal: O rape pódese substituír por langostinos, vieiras ou zamburiñas. Os restos de peixes dánnolos gratis en pescadería. A espiña rape fai un caldo moi rico. Non pasarse á hora de pór caldo,termínase o arroz en lume só,nada de forno.

Enviado por: Antón m Lado Riveiro (O Pindo).

Últimas receitas publicadas

Enviar unha receita

Concurso de receitas

Participa e gaña un lote de produtos da nosa lonxa