Xa temos gañadora do concurso de receitas

Puntos de Venda

Na Confraría de Lira temos como obxectivo mellorar a trazabilidade dos nosos productos, garantindo ao consumidor a súa procedencia. Ofrecemos aquí unha listaxe de establecementos que traballan connosco.

 

Longueiróns en salsa mariñeira

Ingredientes

  • 1 ducia de longueirons.
  • 1 cebola.
  • 1 dente de allo.
  • 1 folla de loureiro.
  • 1/2 vaso viño branco.
  • 1/2 culler de pemento moido.
  • perexil.
  • sal e aceite.

Preparación

Nunca tixola poñemos un par de culleradas de aceite de oliva. Engadimos a cebola e o allo ben picadiños e douramos.

Poñemos o pemento, o loureiro o sal e o viño branco e deixamos que se fagan pouco a pouco. Engadimos os longueirons á salsa e deixamos que abran e se empapen de todo o sabor durante uns dous minutos.

Adornamos co perexil picado por riba. Servimos cunha boa cantidade de pan pra mollar na salsa.

Enviado por: Pilar Martínez López (Cambre - A Coruña).

Últimas receitas publicadas

Enviar unha receita

Concurso de receitas

Participa e gaña un lote de produtos da nosa lonxa