Xa temos gañadora do concurso de receitas

Puntos de Venda

Na Confraría de Lira temos como obxectivo mellorar a trazabilidade dos nosos productos, garantindo ao consumidor a súa procedencia. Ofrecemos aquí unha listaxe de establecementos que traballan connosco.

 

Erizos de Mar rellenos

Ingredientes

  • 8 ourizos frescos
  • 8 ostras (a súa carne)
  • 50 gr de gambas peladas
  • 100 gr de puntas de peixes
  • 1 clara de ovo batida a punto de neve
  • 1 xema de ovo
  • 2 dl de nata líquida
  • Sal, pementa e noz moscada
  • 1/2 dl de cogñac
  • 50 gr de manteiga
  • 40 gr de algas mariñas

Preparación

Nun wok, poñer a manteiga e fritir lixeiramente a fogo vivo o peixe, as gambas e a polpa de ourizo. Flamexar co cogñac e engadir a nata líquida, darlle un fervor e pasar polo batedor á máxima velocidade até obter unha pasta moi fina.

Engadir a clara de ovo batida e reservar a xema. Limpar ben por dentro as carcasas dos ourizos e poñer no conxunto coa pasta obtida anteriormente.

Pintar con manteiga e introducir no forno seco a 140º C até que glaseen por enriba, o fondo do prato pódese adornar con sal gordo e sobre esta os ourizos coas algas mariñas.

Enviado por: Martha Cebas (Vigo)

Últimas receitas publicadas

Enviar unha receita

Concurso de receitas

Participa e gaña un lote de produtos da nosa lonxa